O comercio exterior galego crece un 20,5% nos sete primeiros meses do ano a pesar de caer un 79% en xullo

Tanto as exportacións como as importacións increméntanse máis dun 23% neste período

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O saldo do comercio exterior galego creceu un 20,5% no sete primeiros meses do ano, ata situarse en positivo nos 1.998,8 millóns de euros, a pesar de caer un 78,9% en xullo, con 100,4 millóns, segundo o informe mensual do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Entre xaneiro e xullo, as exportacións incrementáronse un 23,3% en Galicia, ata alcanzar os 13.077,4 millóns, mentres que o valor das importacións subiu outro 23,8%, ata 11.078,7 millóns. En concreto en xullo, as exportacións baixaron un 10,9%, ata 1.744,4 millóns, e as importacións aumentaron un 10,9%, ata 1.643,9 millóns, de aí o saldo de 100,4 millóns.

Por provincias, en xullo, as exportacións caeron en Pontevedra (-21,3%) e A Coruña (-0,2%), e subiron en Lugo e Ourense máis dun 20%. Mentres, as importacións baixaron en Pontevedra (-9,8%) e Lugo (-6,8%), pero creceron na Coruña (+52,3%) e Ourense (+28,6%).

Mentres, por sectores, as exportacións das manufacturas de consumo rexistraron unha caída do 15,8% en xullo e as do sector do automóbil, do 38,7%. Pola súa banda, as exportacións de alimentación, bebidas e tabaco incrementáronse un 5,4%.

Nos sete primeiros meses, as exportacións do sector automóbil creceron un 30,9%, as de manufacturas de consumo un 9,7% e as de bens de equipo un 52,7%.

CONXUNTO ESTATAL

No conxunto estatal, o déficit comercial alcanzou os 6.995 millóns de euros no sete primeiros meses do ano, o que supón un descenso do 11,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo informou o ministerio.

Vista área do Porto de Vigo, coa terminal de colectores en primeiro termo.. AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
Vista área do Porto de Vigo, coa terminal de colectores en primeiro termo.. AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta