Morre unha conductora cando circulaba co seu coche polo centro de Ourense

A muller, de 74 anos, sufriu unha indisposición.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/09/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Unha muller de 74 anos de idade faleceu esta mañá despois de sufrir unha indisposición mentres circulaba co seu vehículo na cidade de Ourense, segundo indicaron fontes policiais.

Un axente da Policía Local realiza un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un axente da Policía Local realiza un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Segundo puido saber Efe, até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios cunha ambulancia medicalizada e estiveron varios minutos tentando reanimala. Finalmente, só puideron certificar a súa morte.

O suceso tivo lugar ao fío das 11:30 horas desta mañá, á altura da rúa Mestre Vide, fronte á Comisaría da Policía Nacional, e efectivos policiais procederon a acordoar a zona. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta