A Xunta presume de 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos

Son prazas ao abeiro das 'casas do maior'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Xunta creará 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos a través da orde de axudas de 'casas do maior', que publica este luns a súa resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esta nova orde permitirá crear 71 centros desta tipoloxía, dos cales 21 estarán na provincia da Coruña, 15 na de Lugo, 26 na de Ourense e nove na de Pontevedra. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mesma xornada a casa de Laxe, un dos 20 primeiros centros creados en Galicia coa convocatoria anterior.

García destacou que estes pequenos centros de día permiten que os municipios que non contan con recursos de conciliación poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores da súa contorna.

É por iso que, tras o "éxito" da primeira orde de axudas, o Goberno galego decidiu ampliar a súa extensión para chegar a máis beneficiarios

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita unha 'Casa do Maior'. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita unha 'Casa do Maior'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta