Temas: PESCA UE

O comisario europeo de pesca defende o rexistro dixital de capturas que rexeita a frota galega

"Non estamos para crear regras imposibles de aplicar", afirma.

Por E.P. | Vigo | 20/09/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O comisario europeo para o Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, defendeu este luns a importancia de que haxa un certificado dixital de desembarco de capturas da frota e incidiu en que a Comisión non está "para crear regras imposibles de aplicar".

Reunión do comisario europeo para o Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, e representantes do sector pesqueiro na Axencia Europea de Control da Pesca, en Vigo
Reunión do comisario europeo para o Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, e representantes do sector pesqueiro na Axencia Europea de Control da Pesca, en Vigo | Fonte: Comisión Europea.

Así o trasladou tras manter unha reunión con representantes do sector pesqueiro e marisqueiro en Vigo, na que tamén participou o ministro Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas.

Cuestionado sobre o malestar no sector pesqueiro galego por esa obriga de rexistro dixital, especialmente por parte das embarcacións máis pequenas e de actividade artesanal, Virginijus Sinkevicius afirmou que "as regras son boas se se aplican" e, respecto diso, matizou que a Comisión non está "para crear regras imposibles de aplicar".

Tras apuntar que "aínda falta bastante tempo" para a aplicación da medida porque "acaba de empezar o diálogo a tres bandas", apuntou que se se establecen estes medios dixitais para rexistrar as capturas, "haberá que formar ao sector, financiar a dixitalización a bordo"

Sinkevicius asegurou que a UE tentará "axustar" a lexislación aos "aspectos específicos do sector", pero insistiu en que é necesario un rexistro "o máis preciso posible" das capturas. Nese sentido, indicou que a falta de datos supón "problemas para axudar ao sector", e puxo como exemplo o ocorrido na pandemia de Covid e as dificultades para implementar medidas por que non había "datos das capturas reais".

Temas: PESCA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta