A Xunta aspira a xestionar case 28 millóns de fondos europeos extraordinarios para reactivar o turismo

Accións para revitalizar o litoral, facer de Galicia un destino cicloturista ou un plan director dos Camiños, entre os proxectos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/09/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Xunta presentou seis actuacións de cohesión ás convocatorias de fondos europeos extraordinarios do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022 e o Plan Extraordinario de Sustentabilidade Turística en Destinos, coas que aspira a xestionar 27,75 millóns de euros. Conseguir este investimento extraordinario suporá --defende o Executivo autonómico-- "unha oportunidade excepcional para a reactivación, impulso, modernización e mellora do sector turístico na comunidade".

Un peregrino portugués levanta a súa bicicleta ao finalizar o Camiño de Santiago, fronte á Catedral de Santiago, a 6 de xuño de 2021
Un peregrino portugués levanta a súa bicicleta ao finalizar o Camiño de Santiago, fronte á Catedral de Santiago, a 6 de xuño de 2021 | Fonte: César Arxina - Europa Press.

As tres actuacións presentadas á primeira convocatoria extraordinaria de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, o Plan do Litoral, coas que a Xunta aspira a obter 14,6 millóns de euros dos fondos Next Generation, apostan por rehabilitar e mellorar a eficiencia dos portos e impulsar e promocionar a ruta dos faros, a senda litoral, as actividades náutico-deportivas, revitalizar o litoral galego, así como por rehabilitar recursos e espazos singulares da costa galega e incentivando proxectos tractores.

Por outra banda, facer de Galicia un destino cicloturista, un proxecto para a revalorización da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla e o desenvolvemento do Plan Director dos Camiños de Santiago en Galicia 2021-2027 centrado en Galicia como destino seguro, innovador e en familia son as propostas de actuacións de cohesión presentadas pola Xunta no marco do Plan Nacional Xacobeo. O tres suman un orzamento total de 13,1 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta