A familia da moza agredida no Carballiño por outro menor organiza unha concentración polo seu aniversario

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 23:24

Comparte esta noticia

A familia da moza agredida no Carballiño por un amigo seu tamén menor de idade organiza para o vindeiro xoves 30 de setembro unha concentración e posterior manifestación en Ourense.

Os familiares reclaman unha reforma da Lei do Menor para que casos como o seu non queden impunes, xa que o agresor é menor de 14 anos, polo que é inimputable. Solicitan que se cambie "ese baleiro legal e que ningunha nai teña que volver pasar polo mesmo".

Ademais, piden que "se siga berrando, propagando a noticia e loitando por un cambio para que non se poida experimentar coa legalidade e a vida dunha persoa". Así, convocaron unha concentración para o próximo 30 de setembro ás 19,30 horas na Subdelegación do Goberno na capital ourensá.

A data foi elixida porque coincide co día do aniversario da menor. "Non poderá celebrar os seus aniversarios, pero nós podemos regalarlle o noso apoio mentres ela loita desde a á de reanimación do hospital", traslada a irmá a través de Change.org, onde tamén teñen aberta unha campaña para solicitar a reforma da lei.

Ademais, a irmá da menor aclara que, "aínda que se dixese que a nena tiña 14 anos, esa é a idade que cumprirá o 30 de setembro".

Edificio desde o que se precipitou unha adolescente no Carballiño.. Rosa Veiga - Europa Press
Edificio desde o que se precipitou unha adolescente no Carballiño.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta