A covid séguese estendendo polos centros galegos con 364 alumnos contaxiados

Na última semana pecháronse 17 aulas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Os centros educativos de Galicia rexistran 364 casos activos de Covid-19 que obrigaron a pechar 17 aulas nos últimos sete días, catro delas nun centro de Lugo cunha trintena de contaxiados. Así se reflicte nos datos difundidos este mércores polas consellerías de Educación e de Política Social relativos aos casos de Covid en alumnos e traballadores dos centros educativos e escolas infantís de Galicia, que facilitarán cada mércores actualizados.

Por áreas sanitarias, destaca a da Coruña, con 79 casos activos e unha aula pechada no últimos sete días; seguida da de Vigo, con 78 infeccións activas e unha clase inoperativa. Séguelle a de Lugo, que conta con 70 casos activos e cinco aulas pechadas, catro delas no CEIP O Cantel de Foz por unha trintena de contagios.

Pola súa banda, a de Ourense rexistra 58 infeccións activas e sete aulas pechadas no últimos sete días, tras iniciarse o curso en infantil e primaria o pasado 9 de setembro e en Secundaria e Bacharelato o día 15. Mentres, a área de Santiago e O Barbanza concentra 48 casos activos e tres aulas pechadas; a de Pontevedra conta con 25 infeccións e ningunha clase inoperativa; e a de Ferrol sitúase á cola, con seis contaxiados e tamén sen aulas clausuradas.

ESCOLAS INFANTÍS

En canto ás escolas infantís de Galicia, concentran tres casos activos na actualidade e dúas aulas pechadas no últimos sete días, segundo os datos facilitados este mércores relativos aos escolares e traballadores destes centros. Do tres casos activos, dous corresponden á área de Lugo, que conta cunha clase pechada; e un á de Vigo, que ten unha aula inoperativa pola incidencia da Covid, mentres que as outras cinco áreas non contan con infeccións na actualidade.

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 .. Carlos Castro - Europa Press
Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 .. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta