A dirección do PSOE ourensán urxe suspender a avalistas de Noela Blanco por "insultar" a Sánchez

A petición prodúcese a tres días de que os militantes pasen polas urnas para decidir quen representará a provincia no Congreso Federal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A dirección provincial do Partido Socialista de Ourense remitiu a Ferraz unha comunicación urxente na que solicitan que se suspenda a militancia de avalistas de Noela Blanco "que insultaron gravemente ao presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, nas súas redes sociais". "Está claro que quen insulta ao presidente non ten cabida no partido", sentenciou o secretario da organización ourensá, Juan Carlos Francisco, quen trasladou que xa se enviou a Madrid toda a documentación para requirir a expulsión do partido.

"Non é de recibo que estas persoas utilicen os seus perfís nas redes para difundir infundios e ataques contra o presidente e distintos ministros do Goberno de España", incidiu o secretario, antes de aseverar que "estas persoas" non poden seguir sendo militantes socialistas.

Así pois, para as votacións que se celebrarán este domingo para elixir os delegados e delegadas que participarán no Congreso Federal, que ratificará a Pedro Sánchez como secretario xeral do partido, Juan Carlos Francisco esixiu que "estas persoas non poidan participar no proceso".

"Está fóra de toda dúbida que quen menoscaba a acción do goberno con insultos e descualificacións gravísimas non pode ter nin voz nin voto nos procesos congresuais do partido", insistiu. Así, tachou a situación de "inadmisible" afirmando que o partido "ten que tomar medidas serias" respecto diso.

ÁS PORTAS DA VOTACIÓN

A petición prodúcese a tres días de que os militantes pasen polas urnas para decidir se será a lista de Noela Blanco, na que aglutina o sector crítico, a que representará a provincia no Congreso Federal ou se será a 'lista oficial', a que ten o apoio do partido a nivel galego, encabezada polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a que o fará.

Unhas votacións ás que chegaron a formación despois de varios cruces de acusacións mentres tentaban atopar unha posición común para formar unha lista de consenso. Ourense é a única das catro provincias galegas que finalmente non o conseguiu.

Noela Blanco
Noela Blanco | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta