Deseñadores de Adolfo Domínguez formaranse en teares artesanais de Ourense

O proxecto ten lugar a partir dun convenio coa Deputación de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A través dun convenio asinado entre a Deputación de Ourense e Adolfo Domínguez 32 profesionais desta empresa téxtil formaranse desde o próximo 4 de outubro no uso de teares artesanais. Especialistas do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo formarán durante catro anos aos 32 deseñadores da firma no uso destes teares para crear tecidos a partir de fibras naturais como o liño e a la.

O presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, e a directora creativa da marca téxtil, Tiziana Domínguez, asinaron este xoves un convenio de colaboración para que sexa posible. A firma tivo lugar no Museo do Traxe Tradicional Galego, en Santa Cruz de Arrabaldo, en Ourense, onde a directora creativa da marca explicou que "queren beber das raíces" creando tecidos con fibras "típicas do territorio" e "seguindo cores e patróns tradicionais dos traxes galegos".

Un modo, asegurou, "de inxectar innovación aos deseños reivindicando Ourense e apostando polos costumes e as tradicións". Pola súa banda, Manuel Baltar agradeceu a Tiziana Domínguez o interese por desenvolver unha iniciativa que "fala fundamentalmente de Ourense" e que permitirá incorporar "ao presente o saber, as técnicas e os instrumentos de máis antiga tradición".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na firma dun convenio de colaboración coa empresa Adolfo Domínguez, representada por Tiziana Domínguez.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na firma dun convenio de colaboración coa empresa Adolfo Domínguez, representada por Tiziana Domínguez.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta