Concentración contra o peche de sucursais de Abanca ante a Xunta en Santiago

Traballadores do Banco Sabadell sumáronse este xoves á mobilización conxunta convocada ante dúas das oficinas que a entidade teñen en Santiago para manifestar o seu rexeitamento aos despedimentos e peches de oficinas que pretende a empresa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A sede da Xunta en San Caetano, en Santiago, foi o escenario este xoves dunha concentración convocada pola CIG-Abanca en contra do peche de sucursais da entidade financeira.

Coreando consignas como 'Feijóo escoita, a CIG está en loita' e 'Sucursal pechada, ruína asegurada', os participantes na protesta rexeitaron que o banco deixe "sen servizo á clientela" e que "destrúe postos de traballo".

Fronte á Consellería de Facenda, manifestaron a súa oposición ás axudas da Xunta para favorecer a instalación e mantemento de caixeiros automáticos, tendo en conta que, asegura a central nacionalista, isto prodúcese "en lugares onde Abanca pecha oficinas".

Concentración de CIG-Abanca ante a Xunta
Concentración de CIG-Abanca ante a Xunta | Fonte: Europa Press

BANCO SABADELL

Traballadores do Banco Sabadell sumáronse este xoves á mobilización conxunta convocada ante dúas das oficinas que a entidade teñen en Santiago para manifestar o seu rexeitamento aos despedimentos e peches de oficinas que pretende a empresa.

En concreto, segundo informa a CIG, os despedimentos afectarían a 1.936 persoas e o peche de sucursais, ao 38% das oficinas que Sabadell ten na comunidade.

"O banco, que xa no primeiro trimestre deste ano desfíxose de 1.800 traballadores, agora presentou un ERE para despedir en todo o Estado a 1.936 persoas máis", critica a central nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta