Os cursos de hostalaría da Xunta activaranse en dez días

Ademais dos cursos implantados pola administración, tamén poderán ser entidades privadas as que os impartan, así como outras entidades e servizos de prevención de riscos laborais.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na súa edición bis deste xoves o anexo ao plan de hostalaría segura no que se especifica a información relativa aos cursos de formación que se deben implantar nos establecementos de hostalaría e que dan posibilidade de acceder aos distintos niveis de aforamento.

Segundo consta no DOG, a Administración autonómica porá a disposición dos profesionais do sector unha plataforma de formación para acceder aos contidos de cada nivel e obter a certificación oportuna "de forma gratuíta". O acceso será a través da páxina web (https://www.turismo.gal/galiciadestinoseguro/formacion-niveis-covid-19).

Para a superación de cada curso, realizarase unha proba teórica formada, como mínimo, por 20 preguntas, das cales, para aprobar a proba, débese contestar correctamente un 80 por cento. Tras a superación da proba, porase a disposición do alumnado un certificado qeu conterá o programa da formación. Ademais dos cursos implantados pola administración, tamén poderán ser entidades privadas as que os impartan, así como outras entidades e servizos de prevención de riscos laborais.

En todo caso, dado o carácter sanitario da formación, a titulación dos docentes deberá ser licenciaturas ou diplotamturas do ámbito sanitario, Veterinaria, técnicos de seguridade e hixiene ou técnicos en prevención de riscos. Débese esixir a asistencia completa ao curso (sexa presencial ou en liña) e débese realizar así mesmo un exame.

O DOG bis tamén recolle a posibilidade de validar os curos xa realizados por entidades, para o que o programa desenvolvido debe coincidir en polo menos un 80 por cento coa programación deseñada pola Xunta e a duración debe de ser igual ou maior a dúas horas. Estes requisitos poderán ser comprobados polas autoridades competnetes no caso de inspección do establecemento, sinala o DOG.

PROGRAMACIÓN

Os contidos do plan básico inclúe o coñecemento do plan de hostalaría segura, coñecementos da infección do SARS-COV-2 e un estudo sobre as principais medidas ante covid e a importancia da ventilación.

No plan avanzado amplíanse contidos como a detección precoz do virus ou o coñecemento acerca da vacinación. Tamén hai un estudo sobre a relación coa clientela, cun servizo e orientación sobre as normas de hixiene, tanto a nivel individual como colectivo.

Unha barra dun bar coruñés o día en que reabren as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press
Unha barra dun bar coruñés o día en que reabren as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta