O PSdeG lémbralle a Feijóo que foi o PP quen lle deu "25 anos máis" a Audasa

Acusa ao presidente galego de "tentar, agora, lavarse as mans".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/09/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, replicoulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, que "foi o Partido Popular o que privatizou Audasa" e deulle "25 anos máis de concesión" da Autoestrada do Atlántico, a AP-9.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres na Cámara galega, Gonzalo Caballero referiuse a as declaracións nas que o titular do Goberno galego asegurou que a concesión desta vía foi ampliada tanto por gobernos do PSOE como do PP. Todo iso despois de coñecerse a decisión da Comisión Europea de abrir un expediente a España pola extensión da concesión desta infraestrutura sen lanzar unha licitación pública.

"O goberno de Aznar en 2003 decidiu privatizar Audasa e pola en mans de empresas e privadas e, ademais, conceder unha prórroga da concesión ata 2048", sostivo Gonzalo Caballero, que asegurou que se tratou de "un gran sablazo aos galegos". "Se non fose por iso, os galegos estariamos a piques de circular pola AP-9 sen ningún tipo de custo", lamentou.

Así mesmo, "fronte a un PP que privatizou Audasa e deulle 25 anos máis de concesión", o secretario xeral do PSdeG destacou que os socialistas traballaron para "conseguir unha rebaixa histórica das peaxes" e seguen "comprometidos" para conseguir a mellor xestión.

"É unha forma distinta de facer política, a de quen defende aos galegos permitindo unha rebaixa histórica das peaxes, daqueles que privatizaron Audasa para que mans privadas fixesen caixa e déronlle 25 anos máis de negocio", sostivo.

"FEIJÓO TRATA DE LAVARSE A CARA"

A este respecto, considerou que o presidente da Xunta trata de "lavarse a cara" porque "foi o PP o que privatizou" esta empresa. "Aznar decidiu, nun proceso de privatización de tantas empresas públicas no seu segundo mandato, pola en mans privadas, dunha gran construtora por todos coñecida", sinalou.

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo
A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo | Fonte: Europa Press

PSdeG

O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego e vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, culpou ao PP da prórroga da A-9, un "auténtico choio" para a concesioanria dixo.

En rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas, volveu a insistir en que a ampliación da concesión da AP-9 ata 2048, pola que Bruxelas expedienta a España, foi "un agasallo de 25 anos de Aznar" e reiterou que Feijóo non o cuestionou.

Preguntado pola prórroga aprobada en 1994 co goberno socialista, afirmou que hai "diferenzas" en relación coa de Aznar. Así, argumentou que cos socialistas foi durante dez anos e cando Audasa "era pública".

"Sabíase que ía ser privatizada", engadiu en referencia á etapa de Aznar e cuestionando tamén o prazo da prórroga. "Discriminouse a Galicia", sinalou en relación ao sucedido con outras autoestradas españolas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta