Xunta e Estado acordan iniciar negociacións para resolver discrepancias sobre a lei de recuperación de terra agraria

A normativa entrou en vigor en maio de 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2021 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A comisión bilateral entre Xunta e Estado acordou iniciar negociacións para resolver discrepancias en relación coa lei galega de recuperación de terra agraria, que entrou en vigor en maio de 2021. Segundo a resolución publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), negociarase en relación con decenas de artigos sobre os que existen diverxencias.

Masa forestal entre as aldeas de Froxán e Vilamor, cuxos tons comezan a mudar dos verdes aos ocres, nos montes da Serra do Courel, en Lugo
Masa forestal entre as aldeas de Froxán e Vilamor, cuxos tons comezan a mudar dos verdes aos ocres, nos montes da Serra do Courel, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Agora, designarase un grupo de traballo para propor á comisión bilateral de cooperación a solución que proceda no tocante á lei.

Estas discrepancias gardan relación con artigos como: 8 (sobre o réxime xurídico e fiscal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural); 13 (sobre a Comisión Técnica de Prezos e Valores); 14 (o Banco de Terras); 19 (investigación da titularidade); 20 (revisión xeométrica e topográfica de leiras); 21 (actualización de datos catastrais); 27, 28 e 30 (elaboración, aprobación e modificación do catálogo de chans agropecuarios e forestais).

A listaxe dos artigos a debater prosegue con case todos os relativos ao procedemento de aprobación de polígonos agroforestais, así como coas aldeas modelo e as medidas financeiras de recuperación de terras.

Esta mesma semana, o Goberno autonómico e o central saldaron as disputas acerca das leis galegas de saúde e de pesca, aínda que permanecen outras catro frontes abertas. Delas, tres están promovidas polo Executivo central --lei de residuos e chans contaminados, lei de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica e a lei de recuperación agraria-- e unha por parte da comunidade galega --a lei de cambio climático--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta