Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 26/09/2021 | Actualizada ás 11:07
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, considera que "fai falla un cambio cultural en España" para seguir a tendencia europea de traballar cada vez máis entre os 55 e os 70 ou 75 anos.
Nunha entrevista ao diario 'Ara', asegurou: "Nestas idades, por razóns demográficas e de calidade de vida, pódese traballar máis. E España é unha anomalía europea: non soamente non seguimos esta tendencia senón que reducimos a proporción de maiores de 55 anos en activo".
Preguntado por se o sistema de pensións é sustentable, respondeu que si e asegurou que conseguir que a idade efectiva de xubilación se achegue á idade legal é "o mecanismo máis potente" para a súa sustentabilidade, polo que o obxectivo do Goberno é que os desincentivos para a xubilación anticipada sexan máis efectivos.
Asegurou que o Executivo central ten o reto de reducir o déficit público estrutural e argumentou que en España non fan falla novos impostos senón "avaliar" as exoneracións e beneficios fiscais para ver se cumpren a súa función.
Afirmou que a ocupación xuvenil non substitúe a sénior e avogou por "xerar dinámicas dentro das empresas para que persoas de certa idade vaian cambiando a súa actividade, as horas de traballo, de dedicación...".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.