Sanidade espera pór en marcha o protocolo covid para o lecer nocturno a semana que vén

Julio García Comesaña recoñece que a terceira dose a maiores de 80 anos "está encima da mesa"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/09/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade espera pór en marcha o novo protocolo covid para o lecer nocturno a semana que vén, "se o valida o Comité Clínico e, posteriormente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia" (TSXG).

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento | Fonte: Xunta de Galicia.

O titular do departamento autonómico, Julio García Comesaña, confirmouno este domingo nunha entrevista concedida a Radio Galega, na que engadiu ademais que, "sendo fieis ao que o Tribunal Supremo dite", esperan non atopar "impedimentos" no establecemento do certificado covid para os locais que asuman o maior nivel de compromiso.

Un certificado que, segundo asegurou Comesaña, "non se descarta" que se acabe empregando noutros ámbitos como as visitas a residencias de maiores ou hospitais, pero matizou que, polo momento, cinguiranse ao que estipulou o Supremo na súa sentenza.

En relación co lecer nocturno, e preguntado polos incidentes que se produciron en Santiago o pasado ao xoves tras o peche da discoteca Ruta, o titular de Sanidade cualificou as imaxes de "preocupantes", pero matizou "non é a maioría" da poboación a que exhibe eses comportamentos.

É por este motivo que Comesaña quixo trasladar aos mozos que "traballan no ámbito do lecer nocturno para que poidan escapar das rúas e as aglomeracións".

Respecto ao aumento da capacidade aprobado no último Comité Clínico, Comesaña asegurou que se trataba "do paso lóxico", dada a mellora na situación epidemiolóxica. Con todo, insistiu en que en Galicia se caracterizou sempre por "ir con sentidiño e prudencia", polo que se "estudará seguir avanzando se os datos seguen evolucionando ben".

"Temos que ser prudentes. De seguir baixando a incidencia acumulada, poderían darse pasos aos que agora mesmo non nos atrevemos. Non podemos botar o carro antes que os bois", asegurou Comesaña, que destacou a importancia de esperar algunhas semanas para valorar o inicio do curso escolar.

Tamén sobre a capacidade establecida para os eventos deportivos falou Comesaña, que avanzou que "de cara a outubro", poderíanse revisar as cifras por parte do Consello Interterritorial. "Todo parece indicar que a situación vai ir mellorando, así que é probable que se avance e a capacidade rolde o 75%-80%".

Volvendo aos protocolos covid, o conselleiro confirmou que o do lecer nocturno contará con formación e funcionará dunha forma "similar" ao da hostalaría. En canto á formación para este último sector --que disporá de tres meses para completar os cursos--, Comesaña sinalou que será en liña e que "contan" que comece esta semana, "mércores ou xoves".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta