Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2021 | Actualizada ás 10:15
'Eles transportan a morte', película dirixida pola galega Helena Girón e o canario Samuel M. Delgado, recibiu unha mención especial na seción Zabaltegui-Tabakalera do Festival de Cinema de San Sebastián.
Segundo informaron a distribuidora deste filme, a película, rodada integramente en galego, recibe este recoñecemento despois de gañar o Premio Mario Serandrei-Hotel Saturnia á Mellor Achega Técnica na Semana da Crítica de Venecia.
'Eles transportan a morte' compite tamén na Sección Oficial do Ourense Filme Festival, que se celebra na capital ourensá esta semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.