Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2021 | Actualizada ás 12:08
Galicia rexistrou 3.821 divorcios en 2020, dato que é un 17,58% inferior ao contabilizado en 2019, segundo a información que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Por provincias, os divorcios reducíronse no catro, ao pasar de 1.984 a 1.476 na Coruña, de 1.640 a 1.457 en Pontevedra, de 490 a 399 en Lugo e de 522 a 488 en Ourense.
Mentres, as separacións reducíronse un 13,2% en Galicia o ano pasado, ata 138: delas 62 na Coruña, 47 en Pontevedra, nove en Lugo e 20 en Ourense. A taxa de nulidades, separacións e divorcios por cada 1.000 habitantes en Galicia foi de 1,5 no ano 2020, mentres que no conxunto estatal situouse en 1,7.
A cidade autónoma de Ceuta (2,1) rexistrou a maior taxa por cada 1.000 habitantes e, pola contra, Aragón (1,3) presentou a menor. A comunidade galega rexistrou o mesmo dato que Castela e León, Estremadura e Madrid, só por encima do de Aragón (1,3).
Deste xeito, o pasado exercicio, marcado polo estalido da pandemia da covid, déronse en Galicia un total de 3.959 procesos deste tipo, maioritariamente divorcios (3.821) e os restantes 138, separacións. Non houbo ningunha nulidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.