A alcaldesa da Coruña apela a fortalecer os lazos co Reino Unido na visita do seu embaixador

A alcaldesa da Coruña agasallou a Hugh Elliot cunha figura de Sargadelos que representa ao xeneral Sir John Moore.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/09/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou a fortalecer os lazos co Reino Unido na visita do seu embaixador en España, Hugh Elliot, que estivo acompañado tamén pola cónsul honoraria deste país en Galicia, María García. O representante asinou no Libro de Ouro da Cidade e Inés Rey entregoulle unha figura de Sargadelos que representa ao xeneral Sir John Moore.

Despois, o embaixador coñeceu o salón de plenos e ambos dirixíronse aos xardíns de San Carlos, onde tivo lugar unha ofrenda floral en homenaxe ao xeneral británico.

A alcaldesa destacou a importancia de fortalecer os lazos que unen á cidade co Reino Unido. Pola súa banda, o embaixador británico agradeceu a visita e concidiu tamén en resaltar os vínculos existentes.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e o embaixador de Reino Unido en España, Hugh Elliot. ANDY PÉREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e o embaixador de Reino Unido en España, Hugh Elliot. ANDY PÉREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta