O PP volve apoiar a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra: "ou queda aquí ou pecha"

Defenden adscribir os terreos da fábrica ao Porto de Marín: "non hai outra alternativa para as familias e a cidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal e presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou o seu respaldo á proposta realizada polos representantes dos comités de empresa de adscribir os terreos da fábrica de Ence ao Porto de Marín e di que "non hai outra alternativa para as familias e a cidade".

Rafa Domínguez compareceu este martes en rolda de prensa para mostrar o seu apoio a que a planta de Ence en Lourizán pase a formar parte do chan da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, tal e como propoñen os traballadores. Domínguez explicou que no PP entenden que "esta postura é lóxica ao estar en xogo o traballo de 500 familias" e apuntou que "é unha proposta que liquidaría as dúbidas que agora preocupan tanto ás familias".

Sobre a solución xurídica, Domínguez entende "que é a única solución viable neste momento". "Habemos de ser realistas. Dixérono onte os sindicatos e compartímolo: non vai haber traslado. Ence ou segue aquí ou pecha", dixo o portavoz popular. Domínguez ve con "esperanza" esta posibilidade polo que sostivo que un informe favorable do Consello Consultivo, ao que a Xunta remitiu esta petición, "é un paso fundamental para que se poida salvar o emprego de tantas familias".

Por parte do PP tamén se referiron a a postura do alcalde de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores, para asegurar que sería "absolutamente ilóxico que o alcalde puxese trabas a esta solución, que terá un beneficio directo e inmediato na nosa cidade". "Esperemos que pense máis nas familias que no seu posicionamento político", dixo Rafa Domínguez, que tamén lle pediu ao PSOE que valore esta posible solución.

REBAIXAR "A TENSIÓN"

Por último, o presidente dos populares fixo un chamamento. "Pido a todo o mundo que rebaixe a tensión", afirmou. Por unha banda, indicou que "todas as manifestacións son aceptables se se axustan á legalidade", pero fundamentalmente chamou a atención ao alcalde para "esixirlle o respecto a unhas familias que ven o seu futuro perigar". "Lémbrolle que segue sendo o alcalde de todos, mesmo dos que quere deixar sen traballo", concluíu.

Fábrica de Ence en Pontevedra
Fábrica de Ence en Pontevedra | Fonte: Santos-Diez - Europa Press.

O portavoz do grupo municipal e presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, en rolda de prensa.. PP DE PONTEVEDRA
O portavoz do grupo municipal e presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, en rolda de prensa.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta