EEUU podería non facilitar o acceso ás redes sociais dos detidos polo crime de Samuel

A fiscalía dese país pedíu máis información para poder tomar a decisión de que se faciliten datos de WhatsApp e Instagram.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 28/09/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Estados Unidos pediu ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña información para determinar se permite ao acceso a mensaxes en redes sociais como Instagram ou WhatsApp dos detidos polo crime de Samuel Luiz.

Arquivo - Concentración de condena tras o crime de Samuel Luiz. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Concentración de condena tras o crime de Samuel Luiz. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o confirmaron, consultados por Europa Press, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), despois de que por parte do xulgado se fixera un requirimento para ese efecto, segundo explicaron.

Desde o TSXG, sinalaron que o fiscal de Estados Unidos que ten que solicitar ao xuíz os datos pedidos por España --no sistema legal estadounidense é fiscalía quen asume esta función--entendeu que non podía "defender o caso" coa información que se lle mandou nun primeiro momento.

"E pediu que se ampliase a información e que se fixese a solitud de novo dunha maneira máis acorde ás leis procesuais americanas, que son moi diferentes ás españolas", apuntaron desde o TSXG.

Desde o xulgado estiveron traballando niso en colaboración da maxistrada de apoio de España en Washington. "E está a piques de enviar outra comisión rogatoria adaptándose aos requirimentos das autoridades americanas".

"Poida que finalmente o asunto non prospere, pero os tribunais de alí aínda non se pronunciaron", apuntaron en relación a unhas actuacións vinculadas a investigación.

Entre outras cuestións, a mesma céntrase en analizar o envorcado de datos dos móbiles dos seis detidos: cinco homes, dous deles menores, e unha muller. Deles, tres están prisión en relación a uns feitos ocorridos na madrugada do pasado 3 de xullo no paseo marítimo coruñés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta