Sancionado ao Concello de San Cibrao das Viñas por verteduras contaminantes

Por outra banda, o Executivo central tamén aprobou este martes a declaración de emerxencia de obras de reparación en dúas estradas da provincia de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O Goberno central impuxo unha sanción ao Concello de San Cibrao das Viñas por realizar verteduras de augas contaminantes ao río Barbaña ao seu paso polo termo municipal. En total, a contía da multa ascende a 1 millón de euros, ao que se suma a obrigación de indemnizar ao dominio público hidráulico con case 185.000 euros.

A sanción procede do expediente aberto pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil tras a denuncia presentada polos colectivos Amigos da Terra e Ríos Limpos vinculada a 18 verteduras realizadas entre 2018 e o 2020 ao río Barbaña.

Agora, o Consello de Ministros deste martes confirmou a sanción ao municipio ourensán, cuxo goberno, tras coñecerse o expediente aberto polo organismo de conca, denunciou unha "persecución política" contra o concello, que xa foi multado noutro tres ocasiones por verteduras ao Barbaña nos últimos anos.

OBRAS EN ESTRADAS DE OURENSE

Por outra banda, o Executivo central tamén aprobou este martes a declaración de emerxencia de obras de reparación en dúas estradas da provincia de Ourense.

Trátase das nacionais N-541 e N-120, onde levarán a cabo rehabilitacións ante a situación de "grave perigo existente" por un importe de case 1,7 millóns de euros.

Abren expediente a San Cibrao das Viñas por verteduras. AMIGOS DA TERRA
Abren expediente a San Cibrao das Viñas por verteduras. AMIGOS DA TERRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta