Os concellos de Foz e O Barco manteñen unha boa progresión permanecendo en nivel medio de restricións

En ambos os casos, a incidencia disparouse por senllos brotes de orixe escolar, no caso do municipio ourensán no transporte, e outros vinculados ou brotes coñecidos, o que non obrigou a establecer medidas máis severas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O comité clínico decidiu manter aos concellos de Foz e O Barco de Valdeorras no nivel medio de restricións, aínda que a súa progresión, en palabras este martes do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, era boa no caso do municipio mariñán.

As principais diferenzas entre o nivel medio e o nivel medio baixo radican na celebración de espectáculos (só se permite con público de pé na de menos incidencia) e as verbenas e festas populares, que unicamente están permitidas nos concellos coas medidas máis relaxadas, actualmente, en toda Galicia menos Foz e O Barco.

No caso de Foz, a incidencia acumulada a sete días está entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes e os casos diagnosticados totais nese período son 21, un menos que na xornada de anterior, co que se observa ese descenso. Ademais, a 14 días tampouco houbo aumento de casos e súmanse 66 en total.

Pola súa banda, segundo a web do coronavirus, O Barco acumula 22 casos no últimos sete días, cunha incidencia entre 125 e 250 casos e suma en total 53 diagnosticados a 14 días.

En ambos os casos, a incidencia disparouse por senllos brotes de orixe escolar, no caso do municipio ourensán no transporte, e outros vinculados ou brotes coñecidos, o que non obrigou a establecer medidas máis severas, segundo argumentou a Dirección Xeral de Saúde Pública na normativa do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Arquivo - Un profesional sanitario sostén un vial da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un profesional sanitario sostén un vial da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta