Unha exposición percorre a historia do ferrocarril en Galicia

A mostra poderá visitarse no Arquivo de Galicia ata decembro, de luns a domingo e de 9,00 a 21,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/09/2021 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Arquivo de Galicia inaugurou a exposición 'Sobre dous raís', unha mostra que repasa a historia do ferrocarril no país a través de 59 documentos entre os que se inclúen fotografías, expedientes administrativos, correspondencia, billetes de tren e folletos.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a exposición 'Sobre dous raís'. XUNTA DE GALICIA
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a exposición 'Sobre dous raís'. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

O secretario xeral de Cultuta, Anxo M. Lorenzo, foi o encargado de inaugurar este mércores a exposición que "quere ser unha invitación a coñecer a historia da chegada e o desenvolvemento das liñas ferroviarias en Galicia", así como a "reflexionar sobre a importancia das mesmas como motor da economía, precisamente nun momento de expectación pola chegada do AVE".

Lorenzo lembrou que desde que en 2013 o Arquivo de Galicia organizase a súa primeira exposición, sucedéronse as mostras destinadas a "dar a coñecer ao público os fondos custodiados nos seus depósitos, profundando en diferentes temas da historia e patrimonio galegos".

"'Sobre dous raís' é un magnífico exemplo deste traballo, destinado a preservar e poñer en valor documentación que permite rastrexar e comprender fitos da nosa historia como a chegada do ferrocarril, que tamén en Galicia marcaría o devir social e económico da sociedade dos últimos séculos", remarcou o secretario xeral.

A exposición poderá visitarse gratuitamente no vestíbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, ata o próximo mes de decembro. Estará aberta de luns a domingo en horario de 9,00 a 21,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta