As agrupacións de voluntarios, medalla de ouro ao mérito de Protección Civil de Galicia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/09/2021 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou por videoconferencia na reunión da comisión de avaliación das Medallas ao Mérito de Protección Civil de Galicia, na que se aprobou o informe coas propostas para este ano nas súas distintas categorías entre as solicitudes recibidas.

Aprobada a proposta para as medallas ao mérito de Protección Civil
Aprobada a proposta para as medallas ao mérito de Protección Civil | Fonte: Xunta de Galicia.

Na proposta inclúese unha medalla de ouro para todas as agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Galicia polo seu labor durante a pandemia nos operativos de entrega de alimentos e medicamentos, acompañamento de persoas que viven soas ou desinfección de espazos públicos con máis de 100.000 dispositivos.

Cada ano concédense unha medalla de ouro, tres de prata e seis de bronce, así como un distintivo de permanencia ao persoal voluntario que acredite un mínimo de 25 anos prestando servizo activo.

En casos excepcionais, sucesos ou emerxencias que desen lugar a perdas de vidas ou que afecten gravemente a integridade das persoas que interveñen neles, poderanse conceder as medallas sen limitación de número, en calquera das súas categorías e na mesma anualidade.

A proposta da comisión publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) para despois celebrar un acto público para a entrega das medallas na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Neste ano levará a cabo o primeiro acto público de recoñecemento desde a publicación do decreto correspondente ás actuacións dos anos 2019 e 2020, e que tivo que atrasarse debido as restricións derivadas da pandemia do coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta