Detido un mozo na Coruña pola presunta violación dunha menor nunha residencia de estudantes

A investigación continúa aberta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/09/2021 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a un mozo na Coruña pola presunta violación dunha menor nunha residencia de estudantes, segundo informaron a Europa Press fontes policiais. Os feitos producíronse o pasado domingo, día 26, aínda que non se denunciaron ata máis tarde, precisaron as mesmas fontes en relación a este caso.

Do sucedido, unicamente ratificaron a detención polos presuntos feitos dun mozo, así como o lugar onde se produciu. Ademais, incidiron en que a investigación segue aberta.

Patrulla da Policía Nacional. Coche patrulla. Axentes. Foto recurso de policías.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo
Patrulla da Policía Nacional. Coche patrulla. Axentes. Foto recurso de policías.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta