Prisión para o rapaz que ameazou a unha fiscal: "como me quiten ao meu fillo mátovos a todos"

A condena é dun ano e nove meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un ano e nove meses de prisión a un mozo como autor dun delito de atentado por ameazar a unha fiscal e un axente da Policía Autonómica durante a súa comparecencia ante a Fiscalía de Menores no edificio xudicial da Parda.

O xuízo resolveuse por un acordo de conformidade entre as partes. Inicialmente a Fiscalía solicitaba para el unha condena de dous anos e medio de cárcere pero finalmente, pactouse unha rebaixa ao recoñecer o acusado a autoría dos feitos. O tribunal tivo en conta a atenuante moi cualificada de drogadicción. Este mozo xa tiña antecedentes por delitos de ameazas, con dúas condenas en firme do ano 2016 en Vigo.

Ademais da pena dun ano e nove meses de prisión terá que facer fronte a unha multa de catro meses e cinco días cunha cota diaria de seis euros, coa privación dun día de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas. Segundo relata o escrito de acusación da Fiscalía, e agora pasan a ser feitos probados, o 24 de outubro de 2018 o procesado nunha comparecencia ante a Fiscalía de Menores de Pontevedra ameazou á fiscal e o policía dicíndolles: "Como me quiten ao meu fillo, mátovos a todos", con intención de amedrentalos e menoscabar a súa autoridade.

Ao policía tamén lle dixo especificamente: "A ti voute a buscar á Autonómica, non teño medo a ir ao cárcere. Xa sabes que teño unha pistola e voute buscar". A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta