Defensa da Ría acusa a Xunta de querer "utilizar" o Consultivo para "favorecer a Ence"

A asociación asegura que "resulta lamentable" que Feijóo "manteña a estratexia de defender custe o que custe os intereses empresariais de Ence" e "pretenda involucrar neste sucio proceder á institución".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Asociación pola Defensa da Ría acusa á Xunta de pretender "utilizar" o Consello Consultivo "para favorecer intereses privados esquecendo o interese xeral do conxunto da cidadanía", en relación coa consulta sobre a viabilidade de que os terreos que ocupa Ence pasen a formar parte da Autoridade Portuaria.

Por este motivo, a asociación púxose en contacto co presidente do Consultivo para trasladarlle a súa "inquietude" e advirte que "non parece que a Xunta teña competencias para ampliar a zona de servizos do porto, nin parece lóxico solicitar un informe xurídico".

Resulta "lamentable", ao seu xuízo, que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, "manteña a estratexia de defender custe o que custe os intereses empresariais de Ence" e que "pretenda involucrar neste sucio proceder a unha institución como o Consultivo".

Na súa solicitude, Defensa da Ría insiste no feito de que "a procura por parte do presidente da Xunta de solucións xurídicas (...) supón un intento inaceptable de buscar custe o que custe camiños cos que burlar as sentenzas da Audiencia Nacional".

Pola súa banda, este colectivo non ten "dúbidas" de que o presidente do Consultivo "actuará segundo mellor proceda en dereito" e "saberá comprender" a súa "preocupación" ante "os intentos" do Goberno galego por "favorecer a Ence".

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra / Europa Press.   / Europa Press
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta