G.Caballero acusa á Xunta de "dar as costas" aos concellos e insta a Feijóo a abandonar o "antimunicipalismo"

Nunha visita a Caldas de Reis, reclama ao Goberno autonómico que se comprometa coas necesidades da localidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou á Xunta de Galicia de "dar as costas" aos concellos galegos e instou ao presidente autonómico, Alberto Núñez feijóo, a abandonar o "antimunicipalismo". Así se pronunciou este xoves en declaracións remitidas aos medios tras visitar este xoves o municipio pontevedrés de Caldas de Reis, onde se reuniu co alcalde, Juan Manuel Rey.

"Caldas ten un magnífico goberno municipal pero hai unha Xunta de Galicia que lle dá as costas aos concellos de Galicia, as costas a Caldas de Reis e é necesario que Feijóo cambie o seu antimunicipalismo para colaborar con alcaldes de referencia como Juan Manuel Rey e co goberno municipal deste concello", dixo.

Neste sentido, referiuse a as necesidades específicas desta localidade e reclamou á Xunta que se comprometa coas necesidades desta localidade. Así, citou a necesidade de ampliar o instituto de Caldas de Reis, así como a posta en marcha dun novo centro de saúde.

Ademais, considerou que o Goberno galego debe apostar tamén polo termalismo e polo desenvolvemento do polígono neste municipio. "Porque son elementos fundamentais para impulsar a actividade económica en tempos de reactivación", apuntou. Por último, puxo en valor o traballo do rexedor tanto ao longo da pandemia como de face á reactivación económica.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto ao alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto ao alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se o municipalismo ao que se refire é converter os concellos en Reinos de Taifas onde se poda especular libremente co Patrimonio de tódolos galegos, entón tanto PSOE como PP son uns fenómenos á hora de vender barato o noso patrimonio natural e urbán // Teremos que seguir recorrendo aos Tribunais Europeos para que non defendan de tanta avaricia de poder ? https://twitter.com/00Gamela/status... Claro que onte en Vigo tivemos a un alcalde meme inaugurando un Primark que seica defende o comercio local ? Átame esa mosca polo rabo...!