Corenta áreas de rehabilitación recibirán 10,2 millóns en convenios para 22 municipios

A Xunta tamén informou de que destina máis de 1 millón a 34 municipios galegos para financiar a adquisición de vehículos híbridos ou eléctricos para os seus policías locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Un total de 40 áreas de rehabilitación integral (ARI) pertencentes a 22 municipios beneficiaranse dos 10,2 millóns de euros dispoñibles este ano para financiar actuacións de recuperación de inmobles e espazos nestes ámbitos.

O Goberno galego autorizou este xoves a firma dos convenios de financiamento correspondentes entre o Goberno galego, o Ministerio de Transportes e os municipios que participan no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural de 2021.

En concreto, entre os municipios incluídos na repartición hai seis da provincia da Coruña --Ferrol, Mugardos, Corcubión, Noia, Rianxo e Santiago--; nove da de Lugo --Castro de Rei, Chantada, Guitiriz, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribadeo e Sober--; tres ourensáns --Castro Caldelas, Ourense e Ribadavia--; e catro de Pontevedra --Caldas de Reis, Pontevedra, Tui e Vigo--.

Noutra orde de asuntos, a Xunta tamén informou de que destina máis de 1 millón a 34 municipios galegos para financiar a adquisición de vehículos híbridos ou eléctricos para os seus policías locais. Financiará ata un máximo do 74% do custo total das cotas do 'renting', cun límite de 33.600 euros de subvención do concello.

SANEAMENTO

Así mesmo, deuse luz verde á colaboración cos municipios ourensáns de Leiro e de Boborás para a mellora do sistema de abastecemento cun investimento de 360.000 euros. No caso de Boborás, tamén colaborará para as redes de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués, cun investimento de 385.000 euros.

E no caso de Padrón , autorizouse a colaboración para ampliar a rede do saneamento do municipio, cun investimento de 1,15 millóns.

OUTROS ACORDOS

O Consello tamén autorizou a subscrición dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira, a través da Axencia Turismo de Galicia, e o Concello de Oza-Cesuras, para a recuperación e posta en valor do sanatorio de Paraxón para uso turístico cultural, por un importe de 571.457 euros, en dúas anualidades.

Do mesmo xeito, deu luz verde á declaración de utilidade pública pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para a mellora da LU-651, entre Folgoso e Seoane do Courel, no municipio lucense de Folgoso.

Finalmente, autorizouse a transferencia a favor de Ponteareas da vía provincial de acceso á Igrexa de Guláns e de antigos tramos na Manga, de Monte da Mina e da Forcadiña. Investirá, así mesmo, 152.300 euros na reforma do centro de saúde e a PAC de Castro Caldelas.

rehabilitación
rehabilitación | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta