"Hai que recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia", di González Formoso na presentación da súa candidatura

O presidente coruñés presume de experiencia municipal e lembra "as 111 alcaldías" como o camiño a seguir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, lanzou este xoves a súa campaña para liderar o PSdeG cun acto na localidade da que é alcalde, As Pontes, onde apelou a "recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia" tomando como base o carácter municipalista da formación, explicitado en "as 111 alcaldías" que na actualidade teñen.

O tamén responsable socialista na provincia da Coruña elixiu o seu municipio para escenificar o inicio da súa candidatura ás primarias do próximo 30 de outubro, nas que se enfrontará ao actual líder do partido en Galicia, Gonzalo Caballero, pola Secretaría Xeral do PSdeG.

"Ofrecemos un modelo que non se resigna con ser terceira forza política en Galicia", aseverou González Formoso nun acto celebrado na praza de América das Pontes ante uns 200 simpatizantes da formación, entre eles rexedores das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

"Aquí empezou todo e aquí continúa", apuntou o presidente provincial, que fixo referencia ás súas orixes nesta localidade "onde apenas" había "un concelleiro" socialista "e unha vintena de afiliados".

"Hoxe temos doce edís e decenas de afiliados", subliñou, antes de incidir que a formación "sendo un partido honesto" logrou tamén converterse "nun partido líder na provincia, logrando a Deputación da Coruña, que el mesmo encabeza desde 2015. "E desde o ano 2019 somos a formación con máis alcaldías da provincia", apostilou.

"Apostamos por un novo modelo onde a militancia ten que ser a protagonista e ser conscientes da mensaxe que nos enviou a cidadanía nas últimas eleccións autonómicas", engadiu antes de fixar como obxectivo "recuperar a ilusión da xente" como, di, fan "as 111 alcaldías" que o Partido Socialista ten en Galicia.

PRIMARIAS

En canto ao proceso de primarias para lidera o PsdG que está a piques de comezar, detallou que "é un proceso de envexa para outros partidos" polo seu carácter "democrático" e porque "ofrece aos militantes a capacidade de decidir".

Para Formoso, o proceso de elección de líder "une e fortalece" e "non divide", senón que supón un momento para "explicar" os proxectos. Así, detallou que o PSOE "é un partido municipalistas" e que a meta é "estender" o proxecto a toda Galicia. "Galicia vai a menos, a xente tense que ir e nós pensamos que isto ten que cambiar, a nosa comunidade ten unhas grandes potencialidades e que actualmente non somos capaces de pór en marcha", sentenciou.

Presentación da candidatura do presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín Gonzalez Fornoso, ás primarias PSDG-PSOE
Presentación da candidatura do presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín Gonzalez Fornoso, ás primarias PSDG-PSOE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta