Coñece as novas protestas contras as multinacionais da enerxía

O colectivo "Esperta" reclama que toda a enerxía sexa de xestión pública "desde a orixe".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/10/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O vindeiro luns 4 de outubro ás 20.00 horas, a Praza da Tolerancia, na Coruña, acollerá unha nova concentración contra a subida do prezo da electricidade. Convocada polo colectivo Esperta, ten a intención de levar estas protestas aos barrios da cidade, "sobre todo a aqueles considerados barrios 'obreiros', que é onde o efecto da suba da luz terá unha maior repercusión".

Arquivo - Lámpada, lámpadas, luz, electricidade, enerxía. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Lámpada, lámpadas, luz, electricidade, enerxía. EUROPA PRESS - Arquivo

Así, sinalan dende o colectivo Esperta, despois de concentrarse na Agra do Orzán, o barrio con menor renda per cápita da cidade, e Monte Alto, farán a concentración no barrio de Labañou, onde, "a incidencia do prezo da electricidade afectará a familias en situación precaria e tamén aos comerzos e locais hostaleiros da zon".

Para Esperta “o poder político está permitindo que as compañías eléctricas fagan o que queiran sen poñer ningún freo a esta situación que leva moito tempo sendo insostible”. Tamén denuncian que as “compañías eléctricas están facendo todo o posible para desestabilizar ao goberno usando o prezo da electricidade como ferramenta para tumbalo, algo que acontece porque o goberno non se impón con contundencia ás eléctricas”.

Esperta demanda que toda a enerxía sexa de xestión pública “desde a orixe” porque consideran que é unha necesidade básica. Ademáis, defenden que haxa unha auditoría enerxética para coñecer “con todo detalle” os costes de produción da electricidade e saber se é real o chamado “Déficit Tarifario”. O colectivo sinala “que ao subir o prezo da electricidade, sube todo o demáis, algo agravado polos soldos máis baixos desde a entrada no euro”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta