Detidos tres mozos en Ribeira por deixar mal ferido a outro nunha zona de lecer

O rapaz tivo que ser hospitalizado en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira detiveron a de tres homes con idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos, veciños deste municipio, como presuntos autores dun delito de lesións graves causadas a un mozo o pasado día 26 de setembro no barrio de Bandorrio.

Segundo informou a Policía Nacional, tras unha "laboriosa e ardua investigación", foron localizados e detidos o tres individuos que o pasado día 26 de setembro agrediron de madrugada a un mozo na zona de lecer do barrio de Bandorrio, ao que causaron "lesións de especial consideración" polas que foi asistido de urxencia no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Despois de tramitarse as dilixencias policiais, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, en funcións de garda.

Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao  Xulgado de Instrución número 8 da Coruña
Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta