A directora da Organización Nacional de Transplantes, Beatriz Domínguez-Gil, nomeada Galega do Ano 2020

O Club de Xornalistas Galegos en Madrid destaca a súa "dilatada traxectoria" en transplantes en varios hospitais da Comunidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A compostelá Beatriz Domínguez-Gil González, directora da Organización Nacional de Transplantes (ONT), foi elixida Galega do Ano 2020 polo Club de Xornalista Galegos en Madrid.

Esta organización, segundo informa, decidiu outorgarlle este premio á doutora Domínguez-Gil pola súa "dilatada traxectoria" no campo do transplante de órganos humanos durante décadas en varios centros hospitalarios da Comunidade de Madrid.

O premio Galego do Ano tamén busca subliñar nesta edición o "extraordinario esforzo de dedicación" realizado pola ONT ao longo dun ano de pandemia, posto que a covid-19 "castigou de modo especialmente grave" ao sector médico hospitalario, sinala o Club de Xornalistas Galegos en Madrid.

Precisamente, a presidenta desta institución, Pilar Falcón, destacou á doutora Domínguez-Gil e á ONT como "solplo de vida no clima de desesperación" vivido recentemente.

TRAXECTORIA

Beatriz Domínguez-Gil (Santiago de Compostela, 1971) licenciouse en Medicina en Salamanca e obtivo o doutoramento na Universidade Complutense. Exerceu como nefróloga no Hospital 12 de Outubro de Madrid e en 2006 incorporouse ao equipo médico da ONT, onde foi xefa de servizo. Tamén foi presidenta da Organización Europea de Doazón e Coordinación de Transplantes.

Como especialista clínica, engade o Club de Xornalistas, introduciu en España os programas de transplante renal e de doazón en asistolia. En 2017 substituíu como directora da ONT ao doutor Rafael Matesanz, fundador e director deste organismo desde a súa creación en 1989.

Arquivo - A directora da Organización Nacional de Transplantes, Beatriz Domínguez-Gil, nomeada Galega do Ano 2020.. CLUB DE XORNALISTAS GALEGOS EN MADRID - Arquivo
Arquivo - A directora da Organización Nacional de Transplantes, Beatriz Domínguez-Gil, nomeada Galega do Ano 2020.. CLUB DE XORNALISTAS GALEGOS EN MADRID - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta