Máis de 100 persoas poderían ter sido vítimas de phising bancario e o diñeiro subtraído en case un millón

Na cita, segundo indicou a organización, os asistentes mostraron a súa vontade de permitir que a Unión de Consumidores de Galicia os presente nun proceso de negociación coas entidades financeiras na procura dunha solución extraxudicial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Unión de Consumidores de Galicia cifrou en máis de 100 os afectados pola problemática de phising bancario e en case un millón de euros o importe subtraído. Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que explica que unhas 90 persoas acudiron a un encontro en Santiago de Compostela par abordar esta problemática.

Na cita, segundo indicou a organización, os asistentes mostraron a súa vontade de permitir que a Unión de Consumidores de Galicia os presente nun proceso de negociación coas entidades financeiras na procura dunha solución extraxudicial.

No entanto, a Unión de Consumidores considera que esa negociación debe ser "moi breve" xa que "o que está en xogo é o diñeiro das vítimas". Así, subliña que "non contribuirá a atrasar o inicio das accións de natureza xudicial nas que xa traballa e cuxa viabilidade non dubida se se atende a distintas resolucións xudiciais sobre esta materia, como é o caso do pronunciamento da Audiencia Provincial de Pontevedra contra Abanca o pasado mes de abril", indica.

Ademais, o secretario xeral da Organización, Miguel López Crespo, pediu unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para trasladarlle a importancia do traballo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade nas investigacións destas fraudes, en aras de determinar a existencia de debilidades ou vulnerabilidades dos sistemas e protocolos dos servizos de banca electrónica e banca móbil das entidades financeiras.

O Banco de España entre a rúa de Alcalá e a praza de Cibeles, a 24 de xullo de 2021, en Madrid (España).. Jesús Hellín - Europa Press
O Banco de España entre a rúa de Alcalá e a praza de Cibeles, a 24 de xullo de 2021, en Madrid (España).. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta