Temas: ACCIDENTE 112 061

Tres persoas feridas, unha delas graves, en Begonte

A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, no impacto entre un camión e un coche que circulaban pola N-V ao seu paso polo termo municipal de Begonte.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo costancia do accidente, rexistrado no punto quilométrico 521, ao redor das 16,00 horas deste venres.

A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

ACCIDENTE EN SANTIAGO

Por outra banda, outro accidente de circulación saldouse cunha muller ferida. Ocorreu en Santiago, na estrada SC-11 en sentido A Estrada, onde o vehículo no que viaxaba a vítima sufriu unha saída de vía e terminou envorcado.

O sinistro tivo lugar minutos despois das 16,00 horas. A ocupante do coche accidente puido abandonar polos seus propios medios o habitáculo e, posteriormente, foi trasladada en ambulancia ao CHUS.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Temas: ACCIDENTE 112 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta