Sanidade non notifica falecidos vencellados á Covid-19 por segundo día consecutivo

A cifra de óbitos mantense en 2.638.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/10/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A Consellería de  Sanidade non notificou este sábado ningún falecemento relacionado coa pandemia do coronavirus, polo que a cifra de vítimas mantense en 2.638.

Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Trátase da segunda xornada consecutiva desta semana, despois do venres, na que as autoridades sanitarias non comunican mortes vinculadas á pandemia.

O último deceso foi o dun home de 93 anos comunicado na tarde do xoves. Permanecía hospitalizado no Clínico de Santiago e tiña patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta