Piden seis anos de cárcere para un home acusado de abusar sexualmente do fillo de 13 anos da súa parella

Reclaman outros seis anos de liberdade vixiada e unha indemnización de 12.000 euros á vítima.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a unha petición de seis anos de cárcere por abusar sexualmente de forma continuada do fillo da súa parella, que por aquel entón tiña 13 anos. O xuízo contra este home terá lugar o vindeiro xoves na sección segunda da Audiencia Provicial da Coruña.

Segundo expón Fiscalía no seu escrito de acusación, o home comezou a abusar do menor a principios do ano 2019, dous meses despois de comezar a residir nun piso da Coruña coa súa parella, que era nai da vítima e mantiña unha relación sentimental co acusado.

O home realizaba tocamentos ao menor, ao que exhibía as súas partes e tentaba bicar. O pequeno non revelou os tratos aos que era sometido ata tempo despois, cando, despois de negarse a ter sexo co acusado e que este lle ofrecese diñeiro para comprar o seu silencio, confesou o sucedido á súa nai, que presentou unha denuncia en comisaría.

O menor sufriu trastornos psicolóxicos derivados do sucedido. Desde o día seguinte á denuncia, un xulgado ditou unha prohibición cautelar para que o acusado non poida achegase a menos de 150 metros da vítima.

Por todo iso, Fiscalía considera ao home autor dun delito de abusos sexuais a un menor de forma continuada, polo que solicita unha pena de seis anos de cárcere, así como outros seis anos de liberdade vixiada e o abono dunha indemnización á vítima de 12.000 euros.

Xulgados de Vigo. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo
Xulgados de Vigo. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta