A creación de empresas aumenta por encima do 10% en Galicia en setembro

Baixan as disolucións en taxa intermensual e interanual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 279 empresas creadas en setembro de 2021, o que supón un crecemento por encima do 10% tanto en taxa interanual (28 máis) como en comparación co mes anterior (31 máis), segundo datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

O capital medio subscrito polas sociedades constituídas en setembro foi de case 106.000 euros. Case a totalidade das compañías foron SL (271), mentres se crearon dúas SA e o seis restantes foron doutro tipo.

Como é habitual, as provincias da Coruña e Pontevedra computan o maio número de novas sociedades, o 44% e o 35,5% respectivamente. Séguelles Ourense (11,8%) e Lugo (8,6%). O 76,34% das compañías foron creadas por un único socio, con maioritaria presenza do sexo masculino.

Por sectores, os de maior dinamismo na constitución de sociedades foron: comercio (o 18,28% do total), hostalaría (14,7%), actividades inmobiliarias e financeiras (13,98%), construción (12,9%) e industria e enerxía (ambas as co 10,39%).

BAIXAN AS DISOLUCIÓNS

Pola súa banda, un total de 78 empresas ampliaron capital social por 31,15 millóns. Con respecto ao mesmo mes dun ano antes, son 14 empresas menos que hai 12 meses.

Así mesmo, disolvéronse 80 empresas en setembro, tres menos que en agosto deste ano, á vez que supón unha acusada diminución respecto de setembro de 2020 (33 menos). Ademais, 21 sociedades reduciron o seu capital social, catro víronse inmersas en procedementos de fusión e houbo unha escisión.

Creación de empresas por sectores en Galicia en setembro. IGE
Creación de empresas por sectores en Galicia en setembro. IGE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta