Os turistas estranxeiros gastan en Galicia 170€ de media, entre as cifras máis baixas do Estado

O maior gasto de turistas estranxeiros en Galicia procede dos portugueses (o 31,2% do total).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os visitantes estranxeiros en Galicia gastaron 95,7 millóns de euros no segundo trimestre deste ano, o que supón case tres veces máis dos 34,7 millóns dos primeiros tres meses, que estiveron marcados por maiores restricións polo coronavirus, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O gasto medio por viaxe a Galicia é de 170,58 euros por visitante, entre as cifras máis baixas por comunidades. Á cabeza están os 822 euros en Murcia, mentres no outro extremo quedan os 91,5 euros de Estremadura.

O maior gasto de turistas estranxeiros en Galicia procede dos portugueses (o 31,2% do total), seguidos de estadounidenses (o 13,15%), franceses (9,76%), suízos (6,18%) e alemáns (5,64%).

Pola súa banda, España recibiu a visita de máis de 15 millóns de turistas internacionais nos oito primeiros meses do ano, o que supón un 4,2% menos que no mesmo período de 2020, debido á situación de crise orixinada pola covid-19.

En concreto, os principais países emisores nos oito primeiros meses deste ano foron: Francia, con preto de 3,4 millóns de turistas e un aumento do 16% respecto ao mesmo período de 2020; Alemaña, con case 2,6 millóns, e un incremento do 24%; e resto de Europa, con case 1,6 millóns de visitantes, un 17,4% máis.

Arquivo - Unha peregrina durante o Camiño de Santiago. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha peregrina durante o Camiño de Santiago. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta