Sanidade incorpora a Aragón, Baleares, Cantabria e Ceuta ao rexistro de viaxeiros

Entra en vigor a partir deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade incorporou a Aragón, Baleares, Cantabria e Ceuta ao rexistro obrigatorio de viaxeiros que teñen que comunicar a súa chegada á Comunidade galega vinculado á pandemia da covid-19. Estes territorios súmanse a Melilla, que xa hai dúas semanas que segue nesta listaxe que, quincenalmente, actualiza o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Deste xeito, tal e como recolle o DOG, esta listaxe entra en vigor este mércores, despois da súa actualización que se produce cada 15 días. Nesta ocasión, Sanidade incluíu a case toda Europa e sinala as excepcións: Hungría, Malta, Mónaco, Polonia e República Checa. Tamén hai que comunicar a chegada se procedes do continente africano, xunto con Australia (novo), Fiji, Polinesia Francesa, a illa Guam e Nova Caledonia, en Oceanía.

En canto a Asia, hai 20 territorios, cinco territorios máis que hai dúas semanas. Trátase de Afganistán, Bangladesh, Brunei, Filipinas (novo), Iraq, Irán, Israel, Kazajistán, Kirguizistán, Líbano (novo), Malaisia, Maldivas, Mongolia, Palestina, Singapura (novo), Siria, Sri Lanka, Tailandia, Vietnam (novo) e Xordania (novo).

E do continente americano son 39 territorios, dez máis que hai dúas semanas: Anguía, Antigua e Barbuda, Aruba, Bahamas, Barbados, Belice, Bermudas, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Brasil (novo), Canadá, Costa Rica, Cuba, Curaçao, Dominica, Estados Unidos, Granada, Groenlandia (novo), Guatemala, Guaiana, Honduras (novo), Illas Caimán (novo), Illas Turcas e Caicos, Illas Virxes Británicas (novo), IslasVírgenes de Estados Unidos, México (novo), Nicaragua, O Salvador, Paraguay, Puerto Rico (novo), Venezuela, Haití, San Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Martín, San Vicente e Granadina (novo), Surinam, Trinidad e Tobago (novo) e Xamaica (novo).

Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21. Os territorios volverán actualizarse en prazo máximo de 15 días naturais.

Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas.  / Europa Press
Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta