Galicia rexistra 271 mortes máis ata o 20 de setembro que en 2020 e 1.231 máis que en 2019

Contrasta coa diminución que se anota o conxunto estatal, que contabiliza un descenso das mortes do 7,15%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2021 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 271 mortes máis ata o 20 de setembro deste ano que no mesmo período de 2020 (+1,14%), e son 1.231 máis que nese prazo de 2019, prepandemia (+5,41%). En total, suman 23.983 nas primeiras 38 semanas do actual exercicio.

Así o reflicte a estatística experimental de estimación do número de defuncións semanais durante o brote da covid-19 que actualiza este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta evolución á alza en Galicia contrasta coa diminución que se anota o conxunto estatal, que contabiliza un descenso das mortes do 7,15%.

Na comunidade galega, o incremento débese á provincia da Coruña (+8,9%), posto que baixou nas outras tres: -7,39% en Ourense, -2,66% en Lugo e -2,63% en Pontevedra.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta