Desaloxadas 300 persoas da vía pública nunha aglomeración en Santiago na que se produciron tres pelexas

Ocorreu na madrugada deste mércores.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/10/2021 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago desaloxou unhas 300 persoas da vía pública nunha aglomeración na que se produciron tres pelexas na madrugada deste mércores.

Axentes de policía vixían as aglomeracións de grupos de mozos na vía pública de Santiago de Compostela
Axentes de policía vixían as aglomeracións de grupos de mozos na vía pública de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press

Segundo informou a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 4,00 horas na rúa Curros Enríquez, na que se sitúa unha discoteca e producíronse incidentes similares nas últimas semanas.

Os axentes desaloxaron unha concentración dunhas 300 persoas. Nesa aglomeración, concretaron as mesmas fontes policiais, producíronse tres pelexas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta