Gadis agasalla 10.000 exemplares do libro de microrrelatos escrito polos seus clientes

A publicación recolle os 91 textos finalistas do II Concurso de Microrrelatos, finalizado o pasado mes de xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/10/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Supermercados Gadis editou un novo libro correspondente á segunda edición do Concurso de Microrrelatos que regalará este xoves, 7 de outubro, en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León. Ata fin de existencias, a cadea entregará aos seus clientes os 10.000 exemplares da publicación, que recolle os 91 textos finalistas do II Concurso de  Microrrelatos, finalizado o pasado mes de xullo. Máis dun terzo dos participantes son de fóra de Galicia.

Libro de microrrelatos de Gadis.
Libro de microrrelatos de Gadis. | Fonte: remitida

Os descubrimentos na vida cotiá foi o tema central do segundo certame literario. Un tema que, segundo Gadis, puxo de manifesto a "destreza dos autores participantes narrando todo tipo de situacións, algunhas reais e outras imaxinarias". Todos os microrrelatos teñen menos de 100 palabras e versan sobre diferentes temas como, por exemplo, a paternidade, o amor ou a amizade.

“Esperamos que os nosos clientes gocen lendo este recompilatorio de textos literarios breves. Unha vez máis, queremos agradecer a todos os autores a súa participación no certame.  Moitos deles repetiron por segundo ano consecutivo, algo que nos satisfai enormemente”, indica  Melisa Pagliaro, directora de Marketing de GADISA  retail. Para conseguir un dos 10.000 exemplares, os clientes teñen que solicitalo ao pasar por caixa ou descargalo en pdf na súa páxina web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta