A candidatura que encabeza Paulo Carril, a única presentada ao VIII Congreso da CIG

Carril sinalou que había un acordo para que houbese unha soa candidatura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A candidatura que encabeza o actual líder da CIG, Paulo Carril, é a única presentada para concorrer á executiva confederal e secretaría xeral no VIII Congreso da central sindical, este sábado 9 no Pazo de Congreso de Santiago.

Durante a presentación do conclave, este martes, Carril xa sinalou que existía un acordo no seo da organización para que houbese unha soa candidatura, dado o elevado grao de cohesión interna. O prazo terminaba na mañá deste xoves.

A do sábado, destaca a CIG, será unha xornada de debate na que máis de 600 delegados elixidos polas federacións nas distintas comarcas, xunto cos membros do Consello Confederal e da comisión de garantías analizarán o traballo desenvolvido noS últimos catro anos e definirán os obxectivos para o próximo período.

Este será o primeiro congreso que a CIG afronta como primeira forza sindical en Galicia en representatividade, afiliación e mobilización, apunta a organización.

Paulo Carril (CIG). CIG
Paulo Carril (CIG). CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta