Ferrol enviará 7.500 máscaras á illa da Palma: "é o noso grao de area"

A isto suma unha campaña solidaria coa achega de mantas e sabas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol enviará unhas 7.500 máscaras FFP3 aos servizos de Protección Civil de Los Llanos de Aridane e El Paso, zonas afectadas pola erupción volcánica na illa da Palma. Así o anunciou este xoves o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, que subliñou a intención de contribuír a que os voluntarios traballen "dunha maneira máis segura".

"Pretendemos pór o noso grao de area atendendo ás necesidades que traslada a agrupación da illa", apuntou o rexedor da cidade naval, que expresou o seu desexo de que a situación na Palma volva á normalidade "canto antes".

Ademais, o municipio ferrolán tamén enviará mantas e sabas á Palma despois dunha campaña cidadá que contou coa implicación dos veciños da cidade. "Un dez minutos despois de anunciar o inicio da campaña de recollida de mantas e sabas para enviar á Palma xa recibimos chamadas de persoas dispostas a colaborar. Ferrol demostra unha vez máis que é unha cidade moi solidaria", resaltou.

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato, xunto á partida de máscaras que se enviará á illa da Palma. CONCELLO DE FERROL
O alcalde de Ferrol, Anxo Mato, xunto á partida de máscaras que se enviará á illa da Palma. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta