Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:39
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediulle por carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que aplique o procedemento contemplado na Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de especial interese para a construción da residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega no solar da antiga estación de autobuses.
Despois de que a modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para o cambio de uso da parcela non alcanzase os 14 votos requiridos para a súa aprobación no pleno local celebrado o mércores, o rexedor pediu ao máximo mandatario autonómico o desbloqueo da situación.
No texto, do que informou o Consistorio ourensán nun comunicado, o alcalde argumenta que é a terceira ocasión na que, por falta de obtención da maioría legalmente necesaria como consecuencia do "bloqueo sistemático" dos grupos políticos e dos edís non adscritos, o pleno municipal "non logra aprobar a requirida modificación puntual da PXOM, co fin último de poder albergar a futura residencia para a terceira idade".
Desta forma, o Concello insta á Xunta a que se modifique o convenio asinado pola Consellería de Política Social coa Fundación Amancio Ortega o 13 de setembro de 2019 co obxectivo de que sexa susceptible de aplicar o podrecimiento contemplado na Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, para poder materializar no menor prazo de tempo posible a construción da citada dotación pública na parcela elixida pola administración autonómica.
🎩🐇Otro conejo de la chistera y van...😃
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) October 6, 2021
PSOE, BNG y tránsfugas María Dibuja y Maite Rdez. de nuevo trataron de bloquear la donación de la futura residencia de la 3ª Edad de Amacio Ortega.
Por ello, pediré a la Xunta la aplicación de la ley 3/2016, para recalificación express.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.