Iniciada a consulta pública do plan especial de seca para Galicia-Costa feito pola Xunta

Co novo plan búscase dar cumprimento á lei de garantía do abastecemento, ademais de adaptarse aos criterios establecidos para toda España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, inicia este xoves a fase de consulta pública da proposta do plan especial de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, instrumento de xestión con medidas que garanten o abastecemento da auga á poboación e permitan anticiparse ante posibles episodios de escaseza.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o anuncio da apertura do proceso de participación, que se prolongará durante o próximos tres meses. O obxectivo é alcanzar "a máxima participación" e que todas as persoas ou institucións interesadas poidan presentar suxestións, "que serán tidas en conta no documento final", destaca a consellería.

Co novo plan, segundo explica, búscase dar cumprimento á lei de garantía do abastecemento, ademais de adaptarse aos criterios establecidos para toda España. Estes plans deben diferenciar entre as situacións de seca meteorolóxica, relacionadas con causas naturais, e as de escaseza, coas demandas de auga.

Esta proposta inclúe outras novidades respecto ao plan anterior como a calibración con eventos históricos ou a optimización do protocolo de actuación, apunta Infraestruturas. O obxectivo é "que a cidadanía vexa mellorada a eficiencia do recurso da auga en situación de escaseza" e "mellorar a anticipación aos eventos de seca e escaseza do recurso". O traballo de Augas define as medidas de xestión que adoptarán as administracións e todos os axentes sociais e económicos con competencias para paliar os efectos dunha situación de seca.

Para alcanzar estes obxectivos proponse medidas específicas: de previsión, co seguimento e análise dos recursos e o establecemento de reservas estratéxicas; operativas, para adecuar a oferta á demanda durante estes episodios; organizativas, coordinando as distintas administracións e entidades públicas e privadas implicadas; de seguimento da execución do plan e dos seus efectos; e de recuperación, dirixidas a paliar as consecuencias negativas derivadas dunha eventual situación de seca.

Encoro das Conchas.
Encoro das Conchas. | Fonte: Fonte: Amigos da Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta