Abel Caballero non estará nas presentacións oficiais dos candidatos a primarias do PSdeG: "O meu tempo é limitado"

O alcalde de Vigo sinala que xa sabe "que van dicir" ambos os dous candidatos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/10/2021 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que non asistirá a presentacións oficiais dos dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso, por atoparse en "un momento moi atareado" en relación á súa axenda institucional. "O meu tempo é limitado", resaltou.

Así se manifestou preguntado tras unha rolda de prensa celebrada en Vigo, onde precisamente este venres o actual xefe de filas dos socialistas galegos presentará a súa candidatura á reelección no marco do proceso de primarias do PSdeG.

O rexedor olívico explicou que "seguramente non vaia a asistir a ningunha (das presentacións) dos dous" candidatos. "O meu tempo é limitado e teño que levar adiante unha cidade", xustificou Abel Caballero, que recalcou que, en todo caso, "xa coñece cal é a posición" de González Formoso e o actual secretario xeral do PSdeG e "que van dicir" nos actos previstos no marco da carreira polo liderado da formación a nivel autonómico.

"Eu coñezo aos dous candidatos e sei cal é a súa perspectiva política", afirmou o alcalde, que considerou que acudir aos actos das súas candidaturas "non lle achegaría máis coñecemento do que xa ten". Tras sinalar que non asistirá á presentación que realizará Gonzalo Caballero este venres na urbe olívica, apuntou que "seguramente" na que leve a cabo o actual presidente da Deputación da Coruña en Vigo "tampouco estará". "En termos de cortesía estaría, pero cólleme nun momento atareado", insistiu.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a rolda de prensa. CONCELLO DE VIGO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a rolda de prensa. CONCELLO DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta