Galicreques acolle este domingo seis representacións repartidas por lugares de Compostela

Terán lugar na Alameda, na Reixa-Matrioska Tenda (Rúa do Hórreo, 46) e nas prazas de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O Festival Internacional Galicreques celebrará este domingo a segunda xornada da edición con seis citas que terán lugar na carpa da Alameda, na Reixa-Matrioska Tenda (Rúa do Hórreo, 46) e nas prazas de Santiago de Compostela.

O certame, que se estenderá ata o próximo 17 de outubro, está organizado pola Asociación Barriga Verde e patrocinado pola Xunta de Galicia --a través de Agadic--, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE.

Así, o programa para a xornada do domingo comezará na Praza Vermella, onde Os Monifates ofrecerán ás 12,30 horas o seu espectáculo 'Percorrendo Camiños', unha peza protagonizada por un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren pobos cunha importante misión, "a de demostrar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega".

Ás 13,00 horas, na carpa da Alameda, terá lugar o espectáculo 'Contacontos de libros contentos', de Monicreques Brincadeira. Xa pola tarde, ás 17,00 horas, na Reixa-Matrioska tenda, a artista xaponesa Beniko Tanaka presentará 'Rapazinho de carvao', unha función de teatro de sombras inspirada nun cuentro tradicional de Xapón.

Á mesma hora, haberá outra oportunidade de ver 'Percorrendo Camiños', esta vez no Toural. Tamén na Alameda, xa ás 17,30 horas, poderá verse o espectáculo 'Cantares das Letras', de Papabuis, que agrupa música e teatro para conmemorar as Letras Galegas.

A xornada finalizará ás 18,30 horas, na Praza das Praterías, que recibirá á compañía belga Plansjet co seu espectáculo popular 'A Danza das Marionetas', no que tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan.

Compañia belga Plansjet. GALICREQUES
Compañia belga Plansjet. GALICREQUES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta