Feijóo non asistirá aos actos polo Día da Hispanidade en Madrid

Quedará en Galicia para preparar o Debate sobre o Estado da Autonomía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non asistirá o vindeiro martes, día 12 de outubro, aos actos organizados polo Día da Hispanidade en Madrid.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Goberno galego, o máximo mandatario autonómico quedará en Galicia para preparar o Debate sobre o Estado da Autonomía que terá lugar os días 13, 14 e 15 de outubro no Parlamento de Galicia.

O ano pasado o presidente do Goberno galego si estivo presente no acto polo Día da Festa Nacional que estivo presidido polos reis. Foi o primeiro en décadas sen desfile militar como consecuencia da pandemia.

As celebracións polo Día da Hispanidade terán lugar na mesma semana na que a Cámara galega acollerá o debate anual de política xeral.

Esta cita política, ademais, celébrase unha semana despois do falecemento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, por mor dunha parada cardiorrespiratoria cando se atopaba traballando no seu despacho de San Caetano. Tras iso, a Xunta de Galicia decretou tres días de loito oficial.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta